martes, 29 de junio de 2010

Eu mesma.. en todo o meu ser

O contacto tan íntimo e continuado co seo da natureza nestes días.. conseguíu huracanar todo o meu interior...

Agora, xa non son escarchas que antes, levemente se ían depositando capa a capa na miña outra dimensión: a alma. Aferrándose fortemente ós cimentos da súa estructura, como anclaxes que impedían que ela puidese voar, tomase forma e respirase Vida no seu movemento, no seu evolucionar..

Pero agora, elas xa non están ancoradas no mugrento óxido das costumes, dos medos sociais, dos medos dos demáis en min, dos meus medos nos demais..

Non, agora, están libres, navegando caóticamente polo medio terrenal, na miña outra dimensión: o mundo material..

Pero agora, ¡non me sinto libre, non consigo arrincar a voar! porque non sei cal será a rama na que poderei descansar, e logo poder sentir o vento amigo, antigo enemigo, que me guía e ofrece os seus brazos para poder danzar con él..

Pero agora, esas escarchas non me permiten ver a dirección que ansío tomar. Que aínda que non suxeitan decididamente os meus pes, voan libres, sacudindo a miña alma e producindo pequenas feridas que ainda menudiñas, conseguen estremecer todo o meu ser.. Estando en continua sacudida interna... E sei que só eu mesma, en todo o meu ser conseguirei apartar as escarchas, que me impiden ver o Camiño e diluir os medos pasados. Medos que me impidiron ser eu mesma, facer tantas cousas ou face-las a medias, en tempos tardíos..

Pero agora, xa non estou segura..¿SI podo pedir axuda?... ... ¿cómo se fai iso?... soa axeno, raro na miña alma.. ¿tal vez sexa esa a ferida maior, que sempre olvidei cicatrizar? e nunca quixen ver, a pesar de que a dúa dor sinalaba claramente a súa presenza..


..Aínda que agora.. xa non serei "eu" e pasarei a ser "todo o meu ser"...



(Disculpad por expresarme en mi lengua materna, de antaño. Necesitaba volver a mis orígenes, sentirme más yo misma que nunca... Aunque posiblemente se pueda entender sin problemas estos galopares. Un abrazo a tod@s! )